SISTERS IN LAW
Kim Longinotto e Florence Ayisi, 2005
104´. Vídeo. Subtítulos en castelán. Entrada gratuíta.
SISTERS IN LAW
(Camerún-Reino Unido, 2005)
Dirección e guión: Florence Ayisi e Kim Longinotto. Fotografía e produción: Kim Longinotto. Duración: 104 minutos.
Na aldea de Kumba, en Camerún non houbo condena xudicial por abusos sexuais en 17 anos. Dúas mulleres deciden mudar o rumbo da comunidade. Incisivo documental que se inmisce na tarefa diaria da xustiza. Vera Ngassa e Beatrice Ntuba axudan a mulleres que admiten sufrir agresións sexuais malia as presións familiares para silencialo. Unha impugnación das bases sociais da violencia doméstica amosando as estratexias despregadas por estas mulleres da lei nos intersticios abandonados por tradicións, crenzas e leis estatais ou relixiosas.