
SINGULARIDADES DE UNA CHICA RUBIA
Manoel de Oliveira, 2009
64´. Subtítulos en castelán.
SINGULARIDADES DE UMA RAPARIGA LOURA / SINGULARIDADES DE UNA CHICA RUBIA
(España-Portugal-Francia, 2009)
Dirección e guión: Manoel de Oliveira, sobre unha historia brève de Eça de Queiroz. Produción: Eddie Saeta (España), Filmes do Tejo II-Multimedia Ltda. (Portugal) e Les Films de L´après-midi (Francia). Fotografía: Sabine Lancelin. Intérpretes: Ricardo Trepa, Catarina Walenstein. Duración: 64 minutos.
Aos poucos días de comezar a traballar como contable na empresa do seu tío, Macario namora locamente dunha muller loura que vive no edificio de enfronte. Nada máis coñecela quere casar con ela. O seu tío oponse a ésa unión e, ao non poder facerlle mudar de parecer, despídeo e bótao da casa. Na rúa e sen traballo, Macario vese obrigado a aceptar un traballo en Cabo Verde, onde obtén fortuna. Cando finalmente consegue a aprobación do seu tío para casar, Macario descobre as "singularidades" da súa prometida.