SEULE AVEC LA GUERRE
Danielle Arbid, 2000
60´. Vídeo. Subtítulos en galego.
SEULE AVEC LA GUERRE
(Francia-Bélxica-Líbano, 2000)
Dirección e guión: Danielle Arbid. Produción: Movimento Production. Fotografía: Isabelle Razavet. Duración: 60 minutos.
Leopardo de Prata en Locarno (categoría Vídeo). Líbano, o país da cineasta era un dos lugares máis prósperos, abertos e cosmopolitas do mundo. De 1975 a 1990 a guerra civil converteuno nunha ruína. A directora constrúe coas súas propias lembranzas, as súas fotografías familiares e conversacións con combatentes dun e doutro bando, un retrato duro e acusador sobre o Beirut que se recupera no material mentres nega os anos máis macabros da súa historia.