Carriage Trade
Rene Ricard, Vivian Kurz, Nathaniel Dorsky, Jerome Hiler, Randall Bourscheidt, Henry Geldzahler
- 61 min.
Reúne imaxes rodadas nos Estados Unidos, Europa, o norte de África e Asia, incluíndo escenas urbanas e rurais, monumentos, medios de transporte, cerimonias relixiosas, mercados, espectáculos, paisaxes e retratos de persoas. A montaxe organiza estes materiais mediante asociacións visuais entre xestos, movementos, formas, direccións, escalas e composicións, sen seguir unha continuidade narrativa ou xeográfica. Foi presentada publicamente por primeira vez en 1971 nunha versión de setenta e cinco minutos, antes da súa montaxe definitiva. Sonbert incorporou fragmentos procedentes das súas películas anteriores The Tenth Legion, Truth Serum, The Bad and the Beautiful, Connection, Ted and Jessica, Holiday e The Tuxedo Theatre, integrados nunha nova estrutura.
«Carriage Trade trata sobre a viaxe, os medios de transporte, a investigación antropolóxica: hai catro continentes, catro relixións organizadas, costumes; sobre o tempo, cos seis anos que tardou en realizarse e o seu elenco de miles de persoas; sobre como as mesmas persoas envellecen, crecen e mesmo cambian de apartamento ao longo deses seis anos». (Warren Sonbert)
-
Ponte aérea: o cine de Warren Sonbert
Carriage Trade
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Presenta: Francisco Algarín.
- Ano:1972
- Países de produción: Estados Unidos