
Sesión Nathaniel Dorsky / Peter Hutton
Nathaniel Dorsky / Peter Hutton, 2013
89'. 16mm / vídeo.
Sesión Nathaniel Dorsky / Peter Hutton
(Estados Unidos, 2013)
Dirección, fotografía e produción: Nathaniel Dorsky (Song; Spring), Peter Hutton (Three Landscapes). Duración: 99 minutos.
As últimas sesións de Desencadres deste ano presentan obras de vellos coñecidos do CGAI. Peter Hutton e Nathaniel Dorsky conforman unha sesión que, como tal, se presentou en diversos festivais en 2013 (Toronto, Nova York, Xixón). Logo da retrospectiva que se lle dedicou no CGAI en 2010 en colaboración con Documenta, Peter Hutton volve coa súa película máis recente Three Landscapes (47 minutos), nova meditación paisaxística en tres escenarios ben diferenciados: unha área industrial de Detroit, o val do río Hudson e un volcán en Etiopía.
Dorsky regresa coas súas dúas películas de 2013, ambas en 16 milímetros, Song (19 minutos) e Spring (23 minutos), nesa liña tan característica que o converteu nun dos referentes indiscutibles da vangarda internacional. Ao longo deste último ano, Dorsky completou catro novas películas que esperamos poder programar a comezos de 2015.