
Sesión curtametraxes 2
Jan Švankmajer, (1968-1988)
122´. Cine / vídeo. Subt. galego.
Sesión curtametraxes 2:
Zahrada / O xardín (1968)
Kostnice / O osario (1970)
Don Šajn / Don Juan (1970)
Zvahlav aneb saticky slaméneho Huberta / Jabberwocky (1971)
Otransky zámek / O castelo de Otranto (1973-1979)
Zánik domu sheru / A caída da casa Usher (1980)
Jiny druh Iásky / Outra clase de amor (1988)
Kyvadlo, jáma a nâdeje / O pozo, o péndulo e a esperanza (1983)
Outra sesión con pezas curtas dirixidas por Švankmajer, todas de primeiro orde, entre elas o famoso achegamento ao universo de Lewis Carroll, Jabberwocky. Tres adaptacións de novela gótica e literatura fantástica con Poe, Walpole ou Villiers de L’Isle Adam como principais referentes; un documental sobre un osario con formas que parecen cobrar vida; a tradición dos monicreques ou o espírito kafkiano nunha sucesión de traballos memorables. A persoal mitoloxía surrealista do autor, o seu virtuosismo, a heteroxeneidade de formas empregadas e o cultivo sutil do humor negro non nos abandonan.