
Sesión 7: Destino Hollywood (e máis aló)
VV.AA (1998-2013)
57'. Vídeo HD.
Sesión 7: Destino Hollywood (e máis aló)
Disney, co seu fino olfacto para encontrar os mellores artistas, contou nos anos 40 con Dalí para a preparación dunha película que non vería a luz ata moito máis tarde, Destino (2003). Desde entón, grandes compañías estranxeiras contrataron artistas e profesionais españois para distintas áreas da animación, como é o caso de Amblimation (Raúl García), Disney (Carlos Baena, Lorelai Bové), Pixar (Rodrigo Blaas, Charlie Ramos), Dreamworks (Grangel Estudio, Víctor Vinyals) e Aardman (Pascual Pérez), entre outras. Esta sesión amosa as curtas dalgúns destes autores, realizados aquí e fóra, antes e despois de seu gran salto á pantalla internacional. Reunimos o traballo persoal de Guillermo García Carsí, creador de Pocoyó, a popular e innovadora serie preescolar vista por millóns de meniños en todo o mundo, a primeira curta dun moi noviño Charlie Ramos, cando soñaba con traballar para Pixar, un divertido falso anuncio de Adrià García e Víctor Maldonado (hoxe Headless Studio), posterior a Nocturna (2007) así coma a primeira curta de Enrique Gato, en que animou a Tadeo Jones (2004) e How to Cope With Death (2002), de Ignacio Ferreras, curtametraxe que lle deu visibilidade para logo dirixir a premiada longametraxe Arrugas (2011), baseada no cómic de Paco Roca.
The Metamorphosis Part 1, Charlie Ramos, 1998, 7' 50''
Top Gum, Víctor Vinyals, 2001, 2' 20''
How to Cope with Death, Ignacio Ferreras, 2002, 3' 02''
Tadeo Jones, Enrique Gato, 2004, 10'
El corazón delator, Raúl García, España-EEUU, 2005, 10'
Alma, Rodrigo Blaas, España-EEUU, 5' 2''
Doomed, Guillermo García Carsí, 2011, 10' 25''
Historia de Éste, Pascual Pérez, 2011, 7'
Strange Oaks, Headless Studio, 2013, 1' 09'
(Para maiores de 12 anos)