Sesión 3: A vida cotiá
VV.AA., 1914-1918
92´. DCP.
Sesión 3: A vida cotiá
Dirección: VV.AA., 1914-1918. Duración: 92 minutos.
A vida cotiá durante a I Guerra Mundial tanto na fronte como nos propios países neutrais é un duro contraste. A propaganda, os xogos dos cativos e os traballos adaptados á situación perfilan un panorama ben distinto ao dos lugares non belixerantes.
*Mädi macht krieg / Mädi hace la guerra (1917). 9´.
Oskar Einstein dirixe unha curta na que dous cativos, neno e nena, de diferentes clases sociais, xogan á guerra e compiten polos logros dos seus pais.
*Primera comunión de la niña Ester del Fresno (1914). 4´.
A nena Ester del Fresno celebra a súa primeira Comunión en Miravalles (Asturias). Despois da ceremonia, os convidados felicitan á cativa.
*Ijsfeest te Gouda / Fiesta del hielo en Gouda
(1917). 5´.
A festa do xeo de Gouda, chea de actuacións e competicións.
*Gudbrandsdalen og stevne pa Lillehammer / Reunión de la Unión de granjeros en Lillehammer (1916). 6´.
Hans Berge dirixe este documental sobre a xuntanza de agricultores e granxeiros de Lillehammer. Manifestación con pancartas polas rúas.
*Rube Cecilia / Mina Cecilia (1917). 14´.
Peza documental xermana sobre a mina Cecilie de Lützendorf a través da historia dun dos seus traballadores que ve como as súas condicións de vida melloraron considerablemente despois de laborar na mina un ano.
*Hvalfangst, Landstasjon, Ca. 1915 / Estación ballenera, ca. 1915 (1915). 10´.
O trabajo das estacións baleneiras de Bergen e outros lugares de Noruega.
*Artiestenzomerfeest / Festival artístico de verano (1916). 2´.
Promoción do Festival artístico de verán en Amsterdam.
*Mooi Holland / Hermosa Holanda (1917). 8´.
Willy Mullens filma unha colección de imaxes de Holanda con esceas urbanas, recorridos polos ríos, fragmentos da vida cotiá e retratos de nenos e adultos.
*Resistere! / ¡Resistir! (1918). 9´.
Filme de propaganda bélica que chama á resistencia do pobo italiano e á inversión en bonos de guerra.
*Reklame op straat / Anuncios en las calles (1917). 5´.
Publicidade de produtos holandeses nas rúas, incluindo homes anuncio.
*Boda elegante (1918). 2´.
Celebración dunha voda da alta sociedade madrileña.
*Madrid, las tardes del Retiro (1915). 2´.
Unha reportaxe sobre o parque do Retiro madrileño: xente paseando polos xardíns e indo en barca polo lago.
*Women´s Royal Air Force (1918). 11´.
A vida cotiá das mulleres que traballaban na base das Forzas Aéreas inglesas de Hastings (Sussex) como operarias, técnicas, conductoras, camareiras, cociñeiras, etc.
*Bellevue Nordstrand: 20 oktober 1918 (1918). 6´.
Un filme doméstico en cor que amosa a unha familia divirtíndose en verán no xardín dunha elegante vila de Oslo.