La hora del lobo
Vargtimmen
Max von Sydow, Liv Ullmann, Erland Josephson, Gertrud Fridh, Ingrid Thulin
- 88 minutos
Os Borg viven nunha illa onde comparten os seus días cos sinistros veciños Von Merken. O seu círculo de amizades semella tan arrepiante que comezan a obsesionarse cos demos que asexan eses lares.
Entre o cine surrealista e o terror psicolóxico, foi un filme de xénero adiantado ao seu tempo, cunha excelente fotografía de Sven Nykvist, habitual colaborador de Bergman, que pon a pel de galiña. O segundo elemento da ecuación que nos provoca palpitacións é o rostro de Liv Ullmann nun dos papeis máis logrados da súa carreira.
- Ano:1968
- Países de produción: Noruega, Suecia
- Guión: Ingmar Bergman
- Fotografía: Sven Nykvist
- Montaxe: Ulla Ryghe
- Produtora(s): Svensk Filmindustri
Bergman's Dreams
Vídeo ensaio de Michael Koresky (Film Comment) para a colección Criterion centrado no carácter onírico dos filmes de Bergman