![Los Tarantos](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/los-tarantos-site.jpg?itok=abbOQPyo)
Los Tarantos
Sara Lezana, Daniel Martín, Carmen Amaya, Antonio Prieto, Margarita Lozano
- 82 min.
Os Tarantos e os Zorongos son dúas familias xitanas rivais. Rafael, dos Tarantos, coñece a Juana, filla do Zorongo, e ambos se namoran.
- Ano:1963
- Países de produción: España
- Guión: Alfredo Mañas, Francisco Rovira Beleta (Obra: William Shakespeare)
- Fotografía: Massimo Dallamano
Comentario polo centenario do cine. Ciclo Huellas de luz.
Manuel Palacio
Los Tarantos (...) está inscrita na historia do cinema español dunha maneira moi queda (excepción feita, claro está, dos films de Berlanga e Bardem). E iso que a película de Rovira Beleta foi candidata ós Oscars do ano 1963, aval este que non foi moi habitual por estes lares. (...)
Hoxe, trinta anos máis tarde, os achegamentos histórico-críticos mais recentes seguen concedéndolle unha certa pátina avalorativa. Os motivos, máis ca filmicos, quizá sexan xeneracionais; o film aparece nun momento clave: a eclosión dos directores do chamado «novo cine española e, por tanto, un cambio de miras nas atencións do pensamento histórico-critico.
(...) Los Tarantos non é tan só unha película de flamenco, pero o cante e o baile como forma de expresión propia dos xitanos barceloneses (e como forma de poder dentro da tribu) é o eixe sobre o que xiran as cuitas desa adaptación moderna de Romeo e Julieta que resulta ser a película.