Sesión 2
VV.AA, 1971-1975
77'. 16mm
Slides (Annabel Nicolson | 1971, 11 min), Footsteps (Marilyn Halford | 1975, 7 min), Berlin Horse (Malcolm Le Grice | 1970, 8 min), Dresden Dynamo (Lis Rhodes | 1971, 5 min), Muybridge Film (Anne Rees-Mogg | 1975, 5 min), Film No. 1 (David Crosswaite | 1971, 10 min), Colours of this Time (William Raban | 1972, 3 min), Seven Days (Chris Welsby | 1974, 20 min), Associations (John Smith | 1975, 7 min)
As Slides de Annabel Nicolson abren a sesión: un auténtica colaxe fílmica composta por diapositivas, tiras de 8 mm e 16 mm e película velada e cosida; Marilyn Halford cuestiona a relación entre performer e cámara, negativo e positivo, en pasos cheos de suspense; Berlin Horse é un estourido de cor hipnótico de Malcolm Le Grice (con música de Brian Eno) e unha das máis emblemáticas pezas da Co-op; Dresden Dynamo é a resposta de Lis Rhodes á música visual e á abstracción rítmica; Anne Rees-Mogg retoma os pioneiros experimentos de cronofotografía de lúdicas maneiras no seu Muybridge Film; o Film No.1 de David Crosswaite recréase na idea do loop, o ritmo e a sobreimpresión; os filmes de Raban e de Welsby, pola súa parte, explotan a capacidade do cine para comprimir e sintetizar o tempo, a través da paisaxe, da luz e da cor; pecha a sesión Associations, de John Smith, un enxeñoso xogo coas asociacións entre palabra e imaxe, cheo de humor e intención.