SEFF: Shoot, shoot, shoot
Do 31 de outubro de 2017 ao 16 de novembro de 2017
A PRIMEIRA DÉCADA DA LONDON FILM-MAKERS’ CO-OPERATIVE 1966-76
Co seguinte telegrama, o 13 de outubro de 1966, a London Film-Makers’ Co-op anunciaba a súa chegada ao mundo:
«London Film-Makers Co-op a piques de ser legalmente establecida STOP Obxectivo filmar filmar filmar filmar filmar STOP Sen pan nin teito non importa só importa se se quere facer diñeiro STOP Se che gusta Bryan Forbes STOP Se les Sight & Sound STOP Se queres facer películas o único que necesitas para comezar é ter ollos STOP Fin da información sobre o parto do 94 de Charing Cross Road comezo da algarabía STOP»
Así botou a andar un dos máis emocionantes focos de cine underground endexamais coñecidos, chamado a facer historia e a converter o Reino Unido nunha das potencias da vangarda. Benvidos aos dez primeiros imaxinativos, rupturistas e prodixiosos anos da London Filmmakers’ Co-op, resumidos en dúas sesións construídas para voar cabezas.
Ambas as sesións están inspiradas polo libro de Mark Webber, Shoot Shoot Shoot: The First Decade of the London Film-Makers’ Co-operative 1966-76.