SERBIS
Brillante Mendoza, 2008.
94´. Subtítulos en galego.
SERBIS / SERVICE
(Filipinas-Francia, 2008)
Dirección: Brillante Mendoza. Guión: Armando Lao. Produción: Centerstage Productions e Swift Productions. Fotografía: Oddysey Flores. Intérpretes: Gina Pareño, Jaclyn Jose. Duración: 94 minutos.
Participante en Cannes 2008 e membro dunha xeración de novos cineastas filipinos que asombran polo mundo adiante, Brillante Mendoza foi o primeiro cineasta do seu país convidado a participar na sección oficial de Cannes. A familia Pineda –un matriarcado ao redor do cal pululan fillos, netos, curmáns e sobriños- rexenta un vello, barroco, decadente e labiríntico cine dedicado ao xénero erótico. Un microcosmos neorrealista de curiosas convivencias en medio dunha buliciosa Manila dirixida por un cineasta antigo director artístico que debutou con 45 anos coa película Masahista (2005), premiada en Locarno.