SEÑORITA
Michael Haneke, 1986
108’. Vídeo. Subtítulos en galego
FRAULEIN [SEÑORITA]
(Austria-Alemaña, 1986)
Dirección: Michael Haneke. Guión: Michael Haneke, Bernd Schröder. Fotografía: Walter Kindler. Intérpretes: Angelica Domröse, Peter Franke, Lou Castel, Heinz-Werner Kraehkamp, Cordula Gerburg, Margret Homeyer. Dur.: 108 min. Alemaña, anos 50. Unha viúva de guerra acolle un francés ex-prisioneiro de guerra, ante a mirada desconfiada dos seus veciños do contorno rural e a aceptación dos seus fillos. Pero un bo día, o seu home regresa inesperadamente. Produción para televisión.