
Lupo
- 72 minutos
O italiano Rino Lupo andou por toda Europa a traballar en cine. Eran os anos 10 e 20 e Rino tivo tres pseudónimos e constituíu dúas familias. Mais foi en Portugal onde se asentou por máis tempo e realizou algúns dos filmes mudos máis importantes do noso cine. Bénard da Costa chamaba ás Mulheres da Beira “a primeira obra maior do cinema português”. Pedro Lino desenvolveu en Lupo unha fonda investigación sobre o realizador (descubrindo un dos mistérios que lle andaban arredor, o ano e o lugar da súa morte), procurando seguir os pasos fuxidíos dun home “maior que a vida”. (IndieLisboa)