
1982: unha crónica cultural
- 50 min.
A segunda das sesións dedicada ao fondo videográfico de Espello Vídeo Cine centrarase na actividade cultural da cidade da Coruña en 1982. Proxectaranse as seguintes pezas:
- Festa da poesía no teatro Rosalía, abril de 1982.
- I concurso de rock, xullo de 1982 (precursor do Noroeste Pop Rock).
- Festival de cine de comedia, outubro de 1982.
Tras a proxección haberá un debate moderado polo xornalista Cándido Barral, voz en off e entrevistador en moitos traballos de Espello. Participan no mesmo Nonito Pereira Rey, especialista en música, quen formou parte do xurado dese primeiro concurso de rock; e a investigadora Mar de Santiago, autora da tese ‘A Coruña (1968-1983): a cara culta da cidade transicional’ (USC).
-
Espello Vídeo Cine: unha crónica da Galicia dos oitenta
1982: unha crónica cultural
Versión lingüística:VOFormato:HDPresentan: Cándido Barral, Nonito Pereira Rey, Mar de Santiago. Entrada de balde.