SEGUINDO A SEAN
Ralph Arlyck, 2004.
88´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
FOLLOWING SEAN / [SEGUINDO A SEAN]
(Estados Unidos, 2004)
Dirección e guión: Ralph Arlyck. Produción: Ralph Arlyck e Malcolm Pullinger. Fotografía: Ralph Arlyck e Tom Tucker. Duración: 88 minutos.
A primeira película de Arlyck era un retrato do seu veciño Sean, un cativo de catro anos que vivía cunha familia hippy de San Francisco. Un cuarto de século despois, o director pregúntase que sería dese rapaz e dos ideais daquela revolución. Arlyck busca a Sean e decide seguilo entre 1994 e 2003, na procura dun dobre retrato, privado e colectivo, unha indagación nos destinos do activismo e dos grandes movementos socioculturais.