Solan & Eri: Misión a la Luna
Mânelyst i Flâklypa
- 80 minutos
Rasmus A. Sivertsen, director d’0 bosque de Haquivaqui, rescata as populares historias de Solan e Eri creadas nos anos 50 polo caricaturista e debuxante Kjell Aukrust. Nesta ocasión, coincidindo a estrea deste filme noruegués co 50º aniversario da chegada do home á Lúa, achegámonos a unha serie de catastróficas adversidades que levan a Solan e a Eri, coa axuda do seu amigo inventor, a se embarcaren nunha misión á Lúa onde non faltarán unha boa ración de enredos e risas polo camiño. Conseguirán construír unha nave e chegar ao espazo? Unha película chea de enxeño e ironía cuns personaxes entrañables e todo un transfondo sobre os acontecementos políticos do momento.
- Ano:2018
- Países de produción: Noruega
- Guión: Karsten Fullu
- Produtora(s): Maipo Film, Qvisten Animation