SCHIZO
Ricardo Bofill, 1970
80´. Vídeo. Entrada gratuíta.
SCHIZO
(España, 1970)
Dirección: Ricardo Bofill. Guión: José Agustín Goytisolo e Salvador Clotas. Produción: Departamento de Investigación do Taller de Arquitectura de Ricardo Bofill. Fotografía: Juan Amorós. Intérpretes: Serena Vergano, Modesto Fernández, Marcelo Rubal. Duración: 80 minutos.
A raíz dun proxecto arquitectónico de finalidade psicosociolóxica que pretendía conciliar colectividade e individuo, frustrado pola intervención de Arias Navarro, o grupo de traballo de Ricardo Bofill decide deixar marcas da súa intervención. Sen licencia de rodaxe ningunha e co subtítulo d’“un informe ficticio sobre a arquitectura do cerebro”, reúne moitas das preocupacións e tendencias artísticas, sociais e culturais da época, para recrear a historia dunha enferma mental nun título rebelde cheo de experimentación lingüística, visual a ata lumínica (eliminación das sombras) que tansmite un vibrante cruzamento entre soño e realidade.