Pachamama-Nuestra tierra
- 90 min.
Pachamama-Nuestra tierra é un diario de viaxe filmado en Ecuador. Peter Nestler escribiu sobre ese traballo: «A película trata das culturas indíxenas de Ecuador, sobre o que é o pasado e o que se conserva, sobre destrución e resistencia, sobre novas maneiras de persistir, sobre a música das zonas altas dos Andes, sobre a música das cidades e a de lugares con clima tropical entre os descendentes de escravos africanos. A película é sobre a Terra, sobre traballar coa Terra, que é sagrada para os indíxenas. Un informe sobre a beleza que silencia, sobre a amizade, mais tamén sobre a dor».
-
Achéganse outros tempos. Os filmes de Peter Nestler
Chilefilm
Mi país
Pachamama-Nuestra tierra
Versión lingüística:VOSEFormato:DCP
- Ano:1995
- Países de produción: Alemaña