Ruhr
James Benning, 2009
121'. Vídeo HD. Coloquio entre James Benning e Lois Patiño. Entrada de balde.
RUHR
(Estados Unidos, 2009)
Dirección, produción e fotografía: James Benning. Duración: 121 minutos.
A primeira película de James Benning rodada en dixital e fóra dos Estados Unidos. Sete planos en dúas horas retratan a área metropolitana do Ruhr, en Alemaña.
“Ruhr filmouse na área do Ruhr, o núcleo da produción de carbón e aceiro de Alemaña. Para min este título significa clase traballadora. Durante a Segunda Guerra Mundial, o Ruhr foi duramente bombardeado pola súa natureza industrial e porque o seu emprazamento supuña un bo lugar para que os pilotos aliados se desfixeran das bombas que non foran empregadas. Sen premeditación, visítanse tres imaxes que o 11 de setembro converteu en politicamente explosivas” (James Benning).