RUE DE L´ESTRAPADE
Jacques Becker, 1952
97´. Subtítulos en castelán.
RUE DE L´ESTRAPADE
(Francia, 1952)
Dirección: Jacques Becker. Guión: Annette Wademant, Jacques Becker. Produción: Robert Sussfeld. Fotografía: Marcel Grignon. Intérpretes: Daniel Gélin, Louis Jourdan, Anne Vernon, Jean Servais. Duración: 97 minutos.
Comedia dramática sobre as dificultades amorosas da parella formada por Françoise e Henri, complicadas pola aparición dun terceiro, o bohemio e carismático Robert. Un exemplo do hábil vagar por xéneros e rexistros variados de Becker, narrador de xestos e detalles, de comprensión e cariño cara ao mundo, cineasta onde o mínimo e pequeno tamén determina o fluxo narrativo.