Policial francés
Do 1 de marzo de 2011 ao 31 de marzo de 2011
En colaboración con: Alianza Francesa da Coruña.
Desde os primeiros folletíns do cine mudo e personaxes como Rocambole, Arsenio Lupin ou Fantomas, a narración policial en Francia ten unha enorme importancia, ademais de posuír trazos distintivos con respecto a outras tradicións e prácticas. Escritores como Auguste Le Breton, Jean-Patrick Manchette, Albert Simonin, Boris Vian, Ange Bastiani, Boileau & Narcejac ou José Giovanni, directores tan disímiles como Julien Divivier, Clouzot, Becker, o propio Giovanni, Jacques Deray, Henri Verneuil, Chabrol, Melville, axudan a consolidar o noir, favorecido tamén pola explosión da Nouvelle Vague ou as publicacións e traducións de editoriais como Gallimard. Un termo propio, Polar, distancia o cine francés do modelo estadounidense (e preludia algúns dos cambios do Novo Hollywood dos anos 60-70): aumento de complexidade e, sobre todo, de ambigüidade nos personaxes e situacións; austeridade e depuración narrativa; importancia dos espazos e ambientes; a substitución da figura do detective pola do policía e a creación de vertentes subxenéricas moi ricas, que van de historias de gángsters, loitas entre bandas, atracos ou vinganzas ata a crítica política. Neste ciclo facemos unha breve selección que atinxe, a modo de percorrido histórico e sen desatender a produción recente, a algúns dos mellores exemplos.
![L’Etrange Monsieur Victor L’Etrange Monsieur Victor](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2168.jpg?itok=hntcUz-o)
L’Etrange Monsieur Victor
![Le Corbeau Le Corbeau](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2169.jpg?itok=Hsie3DrD)
Le Corbeau
![En legítima defensa En legítima defensa](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2170.jpg?itok=c9VAWqCp)
En legítima defensa
![Touchez pas au grisbi Touchez pas au grisbi](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2171.jpg?itok=8RCUXKf7)
Touchez pas au grisbi
![Círculo rojo Círculo rojo](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2172.jpeg?itok=KBAvk4rI)
Círculo rojo
![Le petit lieutenant Le petit lieutenant](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2173.jpg?itok=oYk9zsQh)