
En legítima defensa
Henri-Georges Clouzot, 1947.
105’. Subt. Castelán.
QUAI DES ORFÈVRES / EN LEGÍTIMA DEFENSA
(Francia, 1947)
Dirección: Henri–Georges Clouzot. Guión: Jean Ferry e Henri-Georges Clouzot, sobre a novela de Stanislas-André Steeman Légitime defense. Produción: Majestic Films. Fotografía: Armand Thirard. Intérpretes: Louis Jouvet, Simone Renant. Duración: 105 minutos.
Filme policial en ambiente de music-hall. Unha cantante, Jenny Lamour, consegue un protector no París anterior á guerra, o vello Brignon. O home de Jenny, Maurice, ten celos. A historia comprícase coa aparición do corpo asasinado de Brignon no porto. Un inspector comeza a indagar. Nova incursión de Clouzot na análise das complexidades do ser humano. Premio ao mellor director en Venecia.