
Pensando en cine / Pensando en Galicia
Do 1 de xaneiro de 2018 ao 23 de xaneiro de 2021
O CGAI inaugura “Pensando en cine/ Pensando en Galicia”.
Co formato de charla-coloquio, Antón Reixa, cunha personalidade relevante da vida social e cultural de Galicia, mais non profesional da creación audiovisual, compartirá co público un título da filmografía galega, seleccionado persoalmente pola persoa convidada.
Trátase de que destacados persoeiros da cultura galega expresen a súa relación co medio cinematográfico e o seu desideratum para o futuro da creación audiovisual en Galicia.
A primeira participante no ciclo será a poeta Yolanda Castaño, que escolleu o filme Mimosas de Oliver Laxe, premiado no Festival de Cannes de 2016.
Yolanda Castaño é unha das voces máis consolidadas da actual poesía galega e ten frecuentado o formato da “vídeo poesía” para difundir a súa creación literaria.
A periodicidade do ciclo será bimensual.

Mimosas

La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos

A lingua das bolboretas

Crebinsky

A esmorga

El bosque del lobo

Vilamor

Doentes

Sociedade Amigos do Campo

Tiempo real

Encallados
