Crebinsky
Crebinsky
Miguel de Lira, Sergio Zearreta, Luis Tosar, Celso Bugallo, Patricia de Lorenzo, Farruco Castromán
- 85 minutos
Miguel de Lira (Feodor) e Segio Zearreta (Mijail) son dous irmáns aos que as chuvias torrenciais arrastran, cando son cativos, xunto coa súa vaca Muchka, a un lugar perdido da costa. Illados do mundo e dos acontecementos bélicos que os rodean, medran ao pé dun faro e sobreviven de recoller as cousas que trae o mar, as “crebas”. Alí crean o seu propio mundo: un universo particular de realismo fantasioso.
O ritmo cotián de convivencia coa súa vaca Muchka vese alterado cando esta desaparece. É entón cando os irmáns inician unha busca desesperada que os levará da costa cara ao interior, e na que se atoparán con nazis, falanxistas e soldados ianquis. (ZircoZine)
-
Pensando en cine / Pensando en Galicia
Crebinsky
Coa presentación e debate de Susana Seivane e Antón Reixa
- Ano:2011
- Países de produción: España
- Guión: Enrique Otero, Miguel de Lira
- Fotografía: Sergio Franco
- Montaxe: J. R. Lorenzo, Enrique Otero
- Produtora(s): ZircoZine, Control Z, Chévere Visión