Pawel Pawlikowski (e II)
Do 1 de xaneiro de 2008 ao 31 de xaneiro de 2008
En colaboración co Festival Internacional de Cine de Gijón.
Nado na Polonia baixo dominio soviético, desde os 14 anos Pawlikowski converteuse nunha sorte de cidadán exiliado, primeiro instalado en Inglaterra con súa nai, logo en Alemaña co pai, máis tarde estudando en Oxford. O exilio non impediu que o autor se empapase da literatura e cultura da súa terra natal, determinante no seu traballo. Explorador de novos espazos, autor dunha importante produción documental, creador comprensivo cara aos outros, as súas películas son sempre provocativas, a miúdo perturbadoras, pero, paradoxalmente, moi entretidas, revestidas polo humor negro da Europa Oriental ocupada durante a Guerra Fría. O desprazamento emocional pode na súa obra co movemento xeográfico e o substrato sociolóxico. Pawlikowski trata con singular acerto a complexidade das relacións familiares, a necesidade de amor, a procura de sentido da adolescencia, a marxinalidade ou o propio exilio, a través de retratos humanos e emotivos que sacuden ao espectador da posibilidade de todo refuxio confortable.
Agradecementos: Pawel Pawlikowski.