THE LAST RESORT
Pawel Pawlikowski, 2000
73´. Cine. Subtítulos en galego.
THE LAST RESORT
(Reino Unido, 2000)
Dirección: Pawel Pawlikowski. Guión: Pawel Pawlikowski e Rowan Joffe. Produción: BBC Films. Fotografía: Ryszard Lenczewski. Intérpretes: Dina Korzun, Artiom Strelmikov, Paddy Considine. Duración: 73 minutos.
Tanya é unha moza rusa cun fillo pequeno sen pai e un mozo en Inglaterra. Cunha promesa de matrimonio viaxa a Londres, onde queda en calidade de refuxiada. O sitio para os refuxiados na capital é un antigo espazo de vacacións que cae a cachos. Melancólico, nada previsible e sobrio relato premiado en Gijón, Londres, Edimburgo e Tesalónica.