FROM MOSCOW TO PIETUSHKI
Pawel Pawlikowski, 1991
45´. Vídeo. Subtítulos en galego.
FROM MOSCOW TO PIETUSHKI
(Reino Unido, 1991)
Dirección e guión: Pawel Pawlikowski. Produción: BBC Films. Fotografía: Wit Dabal. Duración: 45 minutos.
No tépedo desxeo dos 60, aparece de costas ao réxime, unha novela (“De Moscú a Pietushki”) que causa furor na URSS e en Occidente. Narraba a viaxe dun home en tren reflexionando desde a amarga lucidez que outorga o alcol. Case non se sabía nada do seu autor e despois de 30 anos descubrímolo. Chámase Vyenedict Yerefeyev, posúe o talento e a lucidez cáustica dun Michel Houellebecq, é xenio da botella como Bukowski e tan devastadoramente consecuente como a súa obra.