TWOCKERS
Pawel Pawlikowski, 1998
40´. Vídeo. Subtítulos en galego.
TWOCKERS
(Reino Unido, 1998)
Dirección e guión: Pawel Pawlikowski. Produción: Pawel Pawlikowski e Ian Duncan para BBC Films. Fotografía: Bogdan Dziworski e Ryszard Lenczewski. Duración: 40 minutos.
Trevor vive nunha colmea de pisos de protección oficial. Aos seus 17 anos é un ladrón de pouca monta que escribe poesías a unha veciña embarazada de pai descoñecido. Se a granxa de polos local o admitise, Trevor podería darlle un futuro a ela e ao bebé. Historia de amor pola que se retrata a Inglaterra marxinal.