O vídeo dos oitenta
Do 5 de xullo de 1993 ao 9 de xullo de 1993
Hai dez anos (1982) só parecía natural para os memos artistas e para un pequeno número de críticos de arte especializados aceptar o vídeo como medio de expresión artística.
Como proble prioritario había que resolver, por unha parte, a integración no marco artístico tradicional, e, por outra, as necesarias fronteiras coa TV. A integración na paisaxe artística tivo lugar moi a contragusto e para algúns mesmo non se pechou, aínda que a penas existe hoxe unha gran exposición de arte que ignore o vídeo.
Os límites fronte á TV, pola contra, convertéronse nun paso fluído, ó se converter a TV nun dos máis importantes productores e compradores de VideoArte, Gran cantidade de traballos en Vídeo foron producidos directamente pola televisión; os mesmos, sen esta utilización comercial, teríanse quedado na fantasía do artista.
A división desta retrospectiva en diferentes bloques temáticos podería terse realizado seguindo outros criterios. Renunciei conscientemente a unha división formal para me centrar nas mensaxes, por principio o esencial na arte do vídeo.
Tódolos bloques temáticos da retrospectiva describen contidos evi dentes neste decenio. A sociedade da época, a política e a vida cotiá, tanto en si mesmas coma nas súas interrelacións, o enfrontamento consciente co corpo e coa alma como continuacións consecuente do VideoArte dos 70.
Deste xeito encóntranse extraordinarios traballos sobre a toma de conciencia da problemática do medio ambiente, que, de forma apocalíptica, nos mostran perspectivas mol persoais da natureza e da temática.
Pero tamén as catástrofes individuais e globais atopan a súa expresión na arte do vídeo.
Cada un dos bloques en que se divide o programa mostra tamén desenvolvementos videográficos máis aló da arte. Sobre todo en Francia e Gran Bretaña a arte do vídeo está moi unida á publicidade e ó clip musical, de xeito que artista e productor son a veces idénticos. Rybczynski é so un dos moitos casos de artistas de vídeo que tamén producen publicidade e videoclips musicais. A relación antes mencionada entre VideoArte e TV poidera ser tematizada nun só bloque. Da animación por ordenador ocúpase Ars Electrónica.
Paralelamente a todo isto desenvólvese algo novo na arte do vídeo. Contra a opinión de que a arte debe ser algo serio, moitos dos productores non perderon o sentido do humor, utilízano e sorprenden, sen perder a súa seriedade.
O clip musical foi a forma máis popular do vídeo nos anos 80. Nesta época o vídeo perdeu a súa fama de arte aburrida, para o espectador un crebacabezas, pero a distancia acurtouse, o que non está mal, aínda que a súa categorización vólvese máis difícil.
Enrique Acha
Festival Internacional de Cine de Vigo

Programa I "CORPO E ALMA"

Programa IV "MÚSICA E IDIOMA"
