![Programa V "IRONÍA E DESTINO"](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/the_discreet_charm_of_diplomacy.jpg?itok=7DmMfXhx)
Programa V "IRONÍA E DESTINO"
- 70 min.
1. GUSTAV HAMOS / "SEINS FICTION II: DER UNBESIEGEBARE" ("A SUA FICCIÓN II: O INVENCIBLE") / ALEMANIA, 1983/87 / Dur.: 21:10
Flash Gordon, o heroe da ciencia ficción, e recreado por Hamos nesta obra interpretada artísticamente. A identificación fascinada do artista co superheroe como símbolo cultural maniféstase tanto en representacións persoais como populares.
2. ZBIG RYBCZYNSKI / "THE DISCREET CHARME OF DIPLOMACY" ("O DISCRETO ENCANTO DA DIPLOMACIA") / USA, 1983 / Dur.: 02:20
Zbig Rybczynski como pintor recibiu ensinanzas de belas artes. Sentiuse atraido hacia a fotografía e a filmografía crendo que representaban a continuación natural da pintura como medio para recoller unha imaxe.
3. MARCEL ODENBACH / "DIE DISTANZ ZWISCHEN MIR UND MEINEN VERLUSTEN" ("A DISTANCIA ENTRE EU E AS MINAS PERDAS") / ALEMANIA, 1983 / Dur.: 10:30
A distancia entre eu e as miñas perdas (un compromiso patemo, burgués ou relixioso). Perda significa pena. O establecer unha distancia coa perda require e aporta fortaleza.
4. VOLKER ANDING / "TV-TRILOGIE, II-DIENSTAG..." ("TRILOXIA TV: II MARTES...") / ALEMANIA, 1987 / Dur: 04:00
A triloxía TV é un traballo en vídeo que consta de tres partes, e que trata sobre a televisión: o "medio" reflexiona sobre sí mesmo; semella unha homenaxe crítica a realidade da televisión. Soamente se pode mostrar na televisión con tal intensidade a unidade do mundo real e o mundo dos medios de comunicación.
5. ALEXANDER HAHN / "VIEWERS OF OPTICS..." ("TELEVIDENTES..") / USA/SUIZA, 1987 / Dur.: 11:30
Unha paixase desértica: unha voz en off recita un texto formulado poéticamente sobre un desastre que ocurriu aquí. Existe unha atmósfera depresiva e casi morbosa en torno a "Viewers of Optics..." que procede da observación desde unha distancia segura xunto co son electrónico.
6. MARIA VEDDER/BETTINE GRUBER / "DER HERZSCHLAG DES ANUBIS" ("O LATEXO DO CORAZON DE ANUBIS") / ALEMANIA, 1988 / Dur.: 05:00
O Latexo do Corazón de Anubis. Reconstrucción a escala dunha lancha de remos dun lago interior, ou A Chaira-de-Anubis, ou a Luz de contar contos, ou Flicki, ou a Chaira-de-Cerberus, ou a Negra Sombra, ou....
7. LYDIA SCHOUTEN / "ECHOES OF DEATH/FOREVER YOUNG" ("ECOS DA MORTE/ETERNAMENTE NOVOS") / HOLANDA, 1986 / Dur.: 15:00
Desde que apareceu a television, os medios de comunicación veñen determinando cada vez máis o modelo da nosa vida cotiá. Os medios de comunicación crean un mundo imaxinario; o mundo real forma un agudo contraste con el, e estase a voltar paulatinamente monótono e gris.
- Ano:1983-1988
- Países de produción: Alemaña, Estados Unidos, Holanda, Suíza