Programa III "NATUREZA E TÉCNICA"
- 67 min.
1. INGO GNTHER / "ROTORAMA" / ALEMANIA, 1985 / Dur.: 04:00
Gnther intenta derrotar as compañías de TV cos seus propios medios: condensando unhas horas de efectos fora de emisión, procesando o material cun equipo de efectos dixitais coma os que se usan nos anuncios e nos noticieiros. O agradamento e encollemento da imaxe electrónica fúndese ata diluir o seu contido nun "Gris".
2. ROBERT CAHEN / "LES CARTES POSTALES-MELTING POT" ("AS POSTAIS-O CRISOL") / FRANCIA, 1985 / Dur.: 13:00
Con esta serie de postais o espectador pode viaxar por todo o mundo en poucos minutos. Pode concentrarse nas evocacións de rodolos lugares e paisaxes que chegue a ollar.
3. NAN HOOVER / "RETURNING TO FUJI" (*REGRESO A FUJI") / HOLANDA, 1984 / Dur.: 08:00
A artista desexaba crear unha serie de imaxes visuais que representasen a experiencia que un podería ter cando estivese nas montañas. En especial o Muji é para ela un símbolo espiritual da coexistencia entre o home e a natureza.
4. KO NAKAJIMA / "RANGI TOTO" / XAPON, 1988 / Dur.: 13:00
O vídeo está baseado na relixión e nos deuses dos aborixes de Nova Zelanda. Ao mesmo tempo, é unha explicación dos elementos intemporais lume, auga e terra. Na súa interpretación altamente tecnolóxica, Ko Nakajima transmite a sabiduría dos aborixes ao vindeiro milenio.
5. K. JURGEWS, H.O. PLEITGEW, D. SAUPE / "ZOOM INTO THE MANDELBROT SET" / ALEMANIA, 1987 / Dur.: 02:35
6. JOHN FEKWER / "CONCRETE PEOPLE" ("XENTE DO ASFALTO") / USA, 1986 / Dur.: 07:50
7. PETER WEIBEL / "GESNGE DES PLURIVERSUMS" ("AS CANCIÓNS DE PLURIVERSUMS") / ALEMANIA, 1986 / Dur.: 05:00
A través de doce cortes podemos seguir as diversas etapas da revolución industrial e as súas consecuencias estéticas e sociais: utilízanse de forma forzada as máquinas da tecnoloxia da imaxe para ilustrar con imaxes dixitais as innovacións no mundo da electricidade e da electrónica.
8. KLAUS VON BRUCH / "KOBOLD'S GESNGE" ("AS CANCIÓNS DO TRASNO") / ALEMANIA, 1986 / Dur.: 05:00
¿Unha espiña no corazón? Unha construcción xiratoria en forma de gaiola aparece e desaparece co canto do Etiope Hamar. O símbolo do Copyright aparece impreso nas nádegas do artista: unha alusión a súa relación coa televisión.
9. BILL VIOLA / "ANTHEM" ("HIMNO") / USA, 1983 / Dur.: 11:30
A obra está estructurada en torno ao agudo berro dunha rapaza.
- Ano:1983-1988
- Países de produción: Alemaña, Estados Unidos, Francia, Holanda, Xapón