Nicolas Klotz. Tempos modernos (e II)
Do 1 de abril de 2009 ao 30 de abril de 2009
En colaboración coa Alianza Francesa da Coruña.
O seminario sobre a película de Nicolas Klotz La cuestión humana (2007), que ten lugar o día 24, permite descubrir a este cineasta francés e a súa colaboradora e compañeira, a guionista Elisabeth Perceval. As longametraxes Paria (2000), La Blessure (2005) e La cuestión humana (2007) constitúen o que os seus autores chaman “a triloxía dos tempos modernos”, tres títulos filmados entre decembro de 1999 e marzo de 2006, un momento que acreditan como de ameaza á memoria da humanidade, de significativa represión, unha época sombría que convén analizar. Klotz dirixiu tamén curtametraxes, vídeos musicais e obras de teatro. Dúas das curtas e un documental sobre a parella Klotz-Perceval, dirixido pola súa filla, completan este ciclo, que conta coa presenza de Klotz e Perceval en todas as sesións. A entrada ao coloquio está determinada polos asistentes ao seminario do día 24, que conta con notables especialistas como Santos Zunzunegui, Ángel Quintana, Santiago Fillol, o filósofo Miguel Morey e o ensaísta Adán Kovacsis.
Agradecementos: Nicolas Klotz, Elisabeth Perceval.