LES AMANTS CINÉMA
Héléna Klotz, 2006
66´. Subtítulos en galego. Presentación a cargo de Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval. Entrada gratuíta.
LES AMANTS CINÉMA
(Francia, 2006)
Dirección e guión: Hélèna Klotz. Produción: Petits et Grands Oiseaux, Stella Films. Duración: 66 minutos.
A filla de Perceval e Klotz filma a seus pais. En palabras súas: “a película é o lugar dunha transmisión. Nicolas e Elisabeth altérnanse ante a cámara para revelarse na súa sinceridade e entregarme unha palabra íntima e secreta. Les Amants cinéma amosa a procura desa palabra como transmisión, como herdanza do cine, como sabedoría técnica, como sabedoría de vida, como vida”.