LA CUESTIÓN HUMANA
Nicolas Klotz, 2007
141´. Subtítulos en castelán. Presentación a cargo de Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval. Entrada gratuíta.
LA QUESTION HUMAINE / LA CUESTIÓN HUMANA
(Francia, 2007)
Dirección: Nicolas Klotz. Guión: Elisabeth Perceval, sobre o libro de François Emmanuel. Produción: Sophie Dulac Productions, CNC, CinéCinéma, Conseil Général de la Sarthe, Conseil Général du Val de Marne, Conseil Regional des Pays de la Loire e Région Ille-de-France. Fotografía: Josée Deshaies. Intérpretes: Mathieu Amalric, Michel Lonsdale, Edith Scob, Lou Castel. Duración: 141 minutos.
Un psicólogo de 40 anos, Simon, leva o departamento de recursos humanos de SC Farb, un complexo petroquímico filial en Francia dunha multinacional alemá. Un día Simon recibe un encargo especial do codirector da empresa, Karl Rose, que lle pide que faga unha avaliación psiquiátrica do seu socio, Mathias Just. Simon non só queda atrapado entre os seus xefes, inmerso nunha crise persoal, senón que irá descubrindo un mundo de horror onde se acabarán establecendo inquietantes ramificacións entre nazismo e capitalismo. Un título cheo de suxestións, co que o gran Mathieu Amalric gañou o premio de interpretación en Xixón.