Joana Hadjithomas e Khalil Joreige (I)
Do 1 de xaneiro de 2009 ao 31 de xaneiro de 2009
En colaboración co Festival Internacional de Cine de Gijón e IVAC-La Filmoteca de Valencia.
O descubrimento grazas a certames como Locarno ou Cannes dos cineastas libaneses Joana Hadjithomas e Khalil Joreige concrétase nun completo ciclo, constituído por oito películas, entre curtas e longametraxes. O seu interrogatorio sobre a Historia, a escritura fílmica e as súas diferentes plasmacións consente en amosarnos a supervivencia da imaxe como motor e elemento de rexistro da Historia. Artistas, directores, nados en Beirut, autodidactas eruditos da Historia do cine, ambos amosan os seus sentimentos acerca da guerra civil libanesa e os estatutos da imaxe. O ciclo remata no mes de febreiro.
Agradecementos: Pascale Ramonda, Adélé Boyé, Celluloid Dreams (Francia), Raphäelle Averty, Mille et Une Productions (Francia), Charlotte Renaut, Films Boutique (Francia), Laurence Drathos, Tara Films (Francia), Carine Gauguin, Ideale Audience (Francia).