LE FILM PERDU
Joana Hadjithomas e Khalil Joreige, 2003
42´. Vídeo. Subtítulos en galego.
EL FILM EL MAFKOUD / LE FILM PERDU
(Líbano-Francia, 2003)
Dirección, guión e fotografía: Joana Hadjithomas e Khalil Joreige. Produción: Ideale Audience (Francia) e Abbout Productions (Líbano). Duración: 42 minutos
Un ano despois de que se perdese en Iemen unha copia de Autour de la maison rose, o seu primeiro filme, os directores deciden seguir o seu rastro. Unha investigación que os leva desde Sana´a ata Aden. Unha busca persoal centrada na imaxe e o papel dos realizadores como cineastas en Oriente Próximo.