Imaxes para un centenario
Do 3 de setembro de 1996 ao 7 de setembro de 1996
O 2 de setembro de 1896, cun pase para convidados, e logo xa a partir do día 3 e durante un total de doce días, tenen lugar no Teatro-Circo Coruñés as primeiras sesións de cine en Galicia. Cen anos despois, o CGAI conmemora esta efeméride cun ciclo no que se recollen tódalas películas producidas ou rodadas en Galicia no periodo mudo, sempre e cando o seu estado de conservación permita a súa proxección. O ciclo, que se realiza en boa medida gracias á inestimable colaboración da Filmoteca Española e de institucións como o Museo de Pontevedra, que cedeu Miss Ledya, presenta tres novidades, tres títulos recentemente restaurados polo CGAI: Imaxes de Vigo e arredores, recuperada pola Filmoteca da Generalitat de Catalunya e Det Danske Filmmuseum; Tintorería España, un industrial sobre a tintorería santiaguesa; e unhas Imaxes de A Coruña rodadas por un afeccionado en 9'5 mm. e recuperadas en 16 mm. Xunto a elas, dúas longametraxes ambientadas en Galicia (La casa de la Troya e Carmiña, flor de Galicia) e a primeira restauración do CGAl, Un viaje por Galicia.

La casa de la Troya

Carmiña, flor de Galicia

Tintorería España

La tragedia de Xirobio

Escenas de La Coruña
