Playa de Riazor + Dornier en La Coruña + Sanatorio de Oza y Playa de Lazareto
Angel Blanco Villar (1929-1931)
38'. 16 mm. Presentación. Entrada de balde
As imaxes incluídas na sesión, rodadas polo fotógrafo Ángel Blanco Villar (A Coruña, 1891-1989) entre os anos 1929 e 1931, forman parte do fondo depositado polo tamén fotógrafo Alberto Martí Villardefrancos (A Coruña, 1922), discípulo daquel e a partir do ano 1953 legatario do arquivo fotográfico e cinematográfico do estudio Foto Blanco, aberto na rúa Real da Coruña desde o ano 1927. O fondo cinematográfico de Foto Blanco inclúe, en formato 16 mm, moitas reportaxes da actividade social na Coruña e a súa bisbarra na primeira metade do século XX (Sanatorio de Oza y Playa de Lazareto), acontecementos históricos como a amaraxe na baía do hidroavión alemán Dornier Wal no ano 1930, ou filmacións, por encarga, de vodas e outros asuntos familiares que nos amosan a realidade cotiá da cidade
neses anos (Playa de Riazor).