A ilusión é perfecta
Do 25 de outubro de 2018 ao 11 de decembro de 2018
O 2 de setembro de 1896 o Teatro-circo Emilia Pardo Bazán da Coruña acollía a primeira proxección de cine en Galicia. Os xornais da época describían así ese intre excepcional: "Fotografía en movemento que representa escenas da vida real. A ilusión é perfecta e o espectáculo é digno de verse". A partir deste momento, considerado o inicio da historia do cine en Galicia, moitos foron os homes e as mulleres que participaron co seu traballo e contribuíron coas súas obras ao desenvolvemento da nosa cultura audiovisual.
A Academia Galega do Audiovisual (AGA) en colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia, fieis a un propósito común de difusión e posta en valor do noso patrimonio audiovisual, organizan "A Ilusión é perfecta", un ciclo de proxeccións que ten como obxectivo recuperar, reivindicar e lembrar persoas e obras que, por diversos motivos, xogaron un papel destacado na historia do noso audiovisual.
“A ilusión é perfecta" recupera unha voz do pasado que resoa no presente para nos lembrar a vigorosa actualidade da mensaxe, non pola alusión ao virtuosismo técnico que permitía ver a fotografía en movemento, senón pola vontade firme de revivir a expectación e a fascinación que estas proxeccións suscitaron no seu momento.
Coa colaboración de