Finisterre
Finisterre
Nancho Novo, Elena Anaya, Enrique Alcides, Geraldine Chaplin, Chete Lera, Manuel Manquiña, Kasia Perminio
- 94 minutos
Berto e Mario son dous irmáns criados na Costa da Morte, cuxos pais se instalaron alí nos anos sesenta en plena revolución hippy. O pai abandonounos cando eles eran nenos e medraron facendo plans para se reuniren con el.
Crítica da banda sonora
Amparo Meliá (Saimel Records)
[...] Este grande compositor, afeito a crear música ao servizo das imaxes, ten ademais a grande virtude de que as súas obras son polo xeral igualmente agradables de escoitar fóra da pantalla.
Concretamente nesta partitura, a utilización que fai dos instrumentos solistas é realmente magnífica, especialmente cando fan a súa aparición a frauta, a guitarra acústica e as voces, tanto na achega do grupo Leilía como de Andrea Bronston, que canta extraordinariamente “Donde el mundo termina”, sobre unha letra moi suxestiva e evocadora, escrita por Luis Gómez Escolar, que define á perfección moitas das ideas que presenta a película.
Na obra pódese apreciar claramente o “selo” característico do autor, que [...] resulta unha carta de presentación máis que recomendable para esta segunda colaboración co realizador Xavier Villaverde, co que traballara anteriormente en Continental, e para a que José Nieto creou un tipo de música que se deixou impregnar polo son da música tradicional galega, a través dunha preciosa melodía de frauta, que se apodera do oínte desde o primeiro momento en que aparece, no tema do mesmo título do filme, Finisterre.
[...] un dos traballos máis completos e agradables do seu autor nos últimos años, que debería obter con esta banda sonora o recoñecemento definitivo dos afeccionados á música de cine. [...]