Fóra de serie
Do 1 de novembro de 2011 ao 31 de decembro de 2011
Inauguramos o proxector 2K cun servidor estándar DCP (Digital Cinema Package) de proxección dixital con títulos clásicos restaurados en copias de calidade impecable. Comezamos coas dúas primeiras (populares e multipremiadas) pezas melodramáticas en torno á familia Corleone, a saga d’El Padrino, orquestadas por Francis Ford Coppola, e a segunda película de Terrence Malick, Días del cielo, autor de plena actualidade pola súa longametraxe El árbol de la vida.
El padrino
Francis Ford Coppola, 1972.
Días del cielo
Terrence Malick, 1978.
El padrino II
Francis Ford Coppola, 1974.