
El padrino II
Francis Ford Coppola, 1974.
200´. Subt. Castelán.
THE GODFATHER: PART II/ EL PADRINO. PARTE II (Estados Unidos, 1974) Dirección: Francis Ford Coppola. Guión: Mario Puzo e Francis Ford Coppola, sobre a novela de Mario Puzo. Produción: Robert Evans para Paramount Pictures. Fotografía: Gordon Willis. Intérpretes: Al Pacino, Robert de Niro, Diane Keaton, Robert Duvall. Duración: 200 minutos. Ambiciosa e sobria continuación da saga xa cun tempo e elementos de maxistral tragedia plantexados con singular intelixencia. Dividida en dous tempos históricos, a chegada aos Estados Unidos do mozo Vito Corleone (Robert de Niro) desde Sicilia a inicios do século XX, e os anos 50, co poder económico e a influencia política de Michael Corleone, herdeiro de Don Vito, o filme mesmo conflúe coa Revolución Cubana. Gañadora de 6 Oscars, capaz de aproveitar en papeis secundarios a xentes como John Cazale ou Lee Strasberg, un dos títulos máis memorables do New Hollywood.