El padrino
Francis Ford Coppola, 1972.
175´. Subt. Castelán.
THE GODFATHER / EL PADRINO (Estados Unidos, 1972) Dirección: Francis Ford Coppola. Guión: Mario Puzo e Francis Ford Coppola, sobre a novela homónima de Mario Puzo. Produción: Robert Evans para Paramount Pictures. Fotografía: Gordon Willis. Intérpretes: Marlon Brando, Al Pacino, James Caan. Duración: 175 minutos. Relato dunha saga familiar vinculada á hampa, o clan italoamericano Corleone, unha das cinco familias mafiosas que controlan a cidade de Nova Iorque nos anos 40 do pasado século. Revelación dun cineasta mozo, Francis Ford Coppola, capaz de construir un filme cheo de sagacidade e enerxía, ben deseñado polo departamento de produción de Paramount (Robert Evans á cabeza), que integra un inesquecible reparto onde anticipa as figuras de Diane Keaton, Talia Shire, Robert Duvall e recupera a Marlon Brando (máis, fugazmente, ao gran Sterling Hayden), permitindo a consagración de Pacino e Caan. Unha das películas máis taquilleiras da historia, gañadora de 3 Oscars (mellor película, actor (Marlon Brando) e guión).