
FICX: Johann Lurf
Do 28 de novembro de 2018 ao 4 de decembro de 2018
Organizado en colaboración coa 56ª edición do FICX, este foco na obra do artista visual estruturalista austríaco Johann Lurf presenta dous programas en que se inclúen, por un lado, a súa primeira longametraxe, titulada ★, e por outro, unha coidada escolla de curtametraxes nunha sesión deseñada coma unha montaña rusa visual onde o espectador poderá desfrutar dos efectos da experimentación de Lurf co tempo e co espazo fílmico. Johann Lurf estudou na Academia de Belas Artes de Viena e no Slate School of Art de Londres e graduouse no Harun Farocki’s Art and Film Studio. As súas fascinantes pezas deron a volta ao mundo e mostráronse en festivais internacionais de referencia como Sundance, Róterdam, Toronto, Viennale, Karlovy Vary ou, máis recentemente, cunha retrospectiva no Bafici.
Agradecementos: Johann Lurf; Silvia Alonso, Manel Rodríguez López, Yolanda Eiroa, Tito Rodríguez/FICX; Álvaro Arroba, Magdalena Arau, Javier Porta Fouz/Bafici; Brigitta Burguer/Sixpack; Institut Valencià de Cultura-La Filmoteca; Martin Pawley, Asociación Astronómica Coruñesa Ío.
Coa colaboración de

Curtametraxes Johann Lurf
