★
- 99 min.
Humildemente titulado cun só un símbolo, a primeira longametraxe de Johann Lurf é –ironicamente– a súa obra máis ambiciosa. Froito de oito anos de investigación, ★ constitúe unha viaxe visual verdadeiramente hipnótica pola historia do cine e da súa heteroxénea representación das estrelas. Así traballa Johann Lurf. Unha montaxe musical mediante os planos en que, no cinematógrafo, apareceu un firmamento estrelado. Alí, na parte visible do arrecife, sucédense formatos, cores, texturas, voces, músicas: desde Chomón ata Nolan pasando por Capra, Wyler ou Ray. Chegado un punto, Lurf comeza a xogar coa orde dos fragmentos e repite anacos, interpola uns cos outros, intercala poeticamente e non se limita a unha enumeración. A súa duración (99’) é parte do plan: inducir o sono na sala durante uns segundos para acordármonos docemente baixo o cosmos co Miklós Rózsa de Ben-Hur (e a estrela de Belén ao lonxe) ou o John Williams de Star Wars (e o seu mítico paneo cara a un planeta). Unha das grandes películas do ano e un espectáculo cegador na penumbra. (Álvaro Arroba, Catálogo Bafici 2018)
- Ano:2017
- Países de produción: Austria