XOHÁN BRIÓN: GRAVACIÓNS 98-00
- 60 min.
ISHMAEL (1998) 8'25"
Vixilia para a autoconservación do Eu: comedida dicción do que debe se-la distancia de seguridade con respecto á aparición da palabra, visión que anula o visible. Sensatez.
ME (1998) 10'
¿Onde é que está a voz? Na carne madurando entre cadáveres ou nas frangullas de po desprendidas da pedra desgastada que respiramos.
Espacio.
DOBRAXE (1999)756"
Desaparición da distancia. Desaparición do corpo. Desaparición do rostro. Voz luminosa que modula o espacio coa materia negra dun momento fóra de tempo.
FRAGMENTO (1998-2000) 12'58"
Fragmento de carne gravada, falante que pecha (e abre) os ollos en tres ocasións. ¿Decátanse, as aparicións, dese dramático desexo de trascendencia?
EXERCICIO DE MATERIA (1998-2000) 20' 22"
Pasado, presente e futuro-pasado. Pasado-presente. Futuro-presente.
Dilatación do intre: intemporalidade. Nin corpo, nin espírito, senón modalidades dunha forza e acción única. Manipulando o tempo como materia e invertido esta na formación do corpo dun pensamento tal é a gravación resultante. Transformación. Perda: resituarse.
-
Produción galega
XOHÁN BRIÓN: GRAVACIÓNS 98-00
Versión lingüística:VOFormato:VídeoEntrada gratuíta.
- Ano:1998-2000
- Países de produción: España