The Saltmen of Tibet
- 110 min.
Cada primavera, os homes do norte do Tibet emprenden unha longa e difícil expedición ata os lagos do sal. O filme segue esta caravana lexendaria que avanza sen contacto ningún co mundo exterior, onde cada momento importante está marcado por rituais relixiosos, ata chegar ós grandes lagos e tomar o "ouro branco" para o seu pobo. Coñecedora do mundo asiático, Ulrike Koch foi asistente de Nikita Mikhalkov en Urga e directora de cásting en O último emperador de Bertolucci.
- Ano:1997
- Países de produción: Suíza
- Guión: Ulrike Koch
- Fotografía: Pio Corradi