Contos de Marineda. A Coruña e o cine (V)
Do 1 de novembro de 2008 ao 30 de novembro de 2008
En colaboración co Concello da Coruña.
Realizado na primavera e no outono deste ano, penúltimo mes deste ciclo dedicado ás vinculacións entre a cidade da Coruña e o cine. A programación do mes aparece integrada por traballos de tres personalidades relevantes, o actor Fernando Rey, o escritor Wenceslao Fernández Flórez e o director Amando de Ossorio. Fernando Rey nunha das súas mellores interpretacións, a obra mestra do valisoletano Francisco Regueiro Padre nuestro (1985); Fernández Flórez presente cunha axustada adaptación da súa obra localizada na posguerra e Ossorio cun dos seus singulares títulos de terror.
PADRE NUESTRO
Francisco Regueiro, 1985.
EL HOMBRE QUE SE QUISO MATAR
Rafael Gil, 1942.
LA NOCHE DEL TERROR CIEGO
Amando de Ossorio, 1971.